A USC volve elixir Ribeira coma sede dos seus cursos para maiores

RIBEIRA> Tralo éxito do pasado ano, a capital barbanzá acollerá a segunda edición do programa ‘Camiños de Coñecemento e Experiencia’. Tres seminarios compoñen o programa da segunda edición de ‘Camiños de Coñecemento e Experiencia’ que se desenvolverá en Ribeira entre o 13 e o 22 de marzo. A primeira sesión consistirá nunha clase teórica de astronomía, que se completará con prácticas de observación nocturno. O 20 de marzo tocaralle a quenda á musica galega cunha clase teórica que se complementará posteriormente coa asistencia a un concerto en Santiago. O 21 de marzo terá lugar a clase teórica de Historia da Cultura de Galicia centrada ano patrimonio da comarca. Ó día seguinte, os asistentes terán ocasión de realizar unha visita guiada ó arquivo da catedral de Santiago. Tódalas sesións teóricas serán ás cinco da tarde no centro cultural Lustres Rivas. Os interesados en inscribirse xa poden formalizar a matrícula, que é gratuíta, no propio centro ou no enderezo electrónico normalización@riveira.com. Dende o concello agardan acadar o éxito da anterior edición no que se superaron as trinta prazas.