NOIA> A proba, organizada polo Club Peña Ciclista O Toxo, dividirase en dous trazados, un longo de 50 quilómetros e outro de 25.
O Club Peña Ciclista O Toxo en colaboración co concello de Noia organizan a oitava edición da Ruta BTT Ría de Noia.
A marcha cicloturista volverá celebrarse este próximo domingo 6 de marzo despois da cancelación da proba do ano pasado a consecuencia da covid e estará auspiciada pola Federación Galega de Ciclismo.
Incluirá dous percorridos, un máis esixente de 50 quilómetros e outro de 25. Dende o Club organizador agárdase unha participación próxima ós catrocentos corredores. A proba sairá da zona de Labarta, ó redor das nove da mañá, previa recollida de dorsais.
Colaboran tamén na organización da Ruta, a Deputación da Coruña, Protección Civil e Cruz Vermella de Noia, así como tamén ás diferentes Comunidades de Montes polas que discorre a proba e un bo número de empresas locais que coa súa axuda fan posible que a proba poida disputarse.