David Meca une a nado Vilagarcía con Pontecesures

meca250_050110.jpgSALNÉS> O campión do mundo de natación, David Meca, asumíu hoxe o reto de converterse no primeiro peregrino que fai o Camiño de Santiago a nado. Con saída en Vilagarcía e chegada en Pontecesures loitou contra a marea e sobre todo contra as frías augas do Río Ulla. Todo por promocionar o ano Xacobeo recén comezado e por engadir unha fazaña máis ó seu extenso currículum.

{flowplayer}images/salnes/davidmeca_050110.flv{/flowplayer} 

David Meca, antes da súa saída puido recibir a calor de varios centos de afecionados e curiosos que se quixeron achegar ata o Centro de Tecnificación de Vela de Vilagarcía, que servíu de punto de saída. Tamén diversas autoridades políticas deron os seus ánimos ó barcelonés como o presidente da Deputación Rafael Louzán, o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, a alcaldesa Dolores García ou o presidente da Autoridade Portuaria, Javier Puertas.

Meca, que contén un extenso curriculum de fazañas deste tipo, amosouse emocionado polo significado e simbolismo que este reto ten.

Pasada a unha da tarde facía a súa entrada no auga ante os aplausos dos presentes. Por diante unha travesía de case 20 quilómetros que moi poucas persoas no mundo serían quen de emular. Ás cinco fixo a súa pasada por Catoira logo de atoparse con varios atrancos que lle fixeron ter que nadar con moita lentitude e en zig-zag. A súa chegada ó Náutico de Pontecesures, xa de noite, foi pasadas as seis e media da tarde.

Redacción Salnés