LOUSAME> A proba, celebrado esta pasada fin de semana, estivo moi condicionada pola actual situación covid e nela participaron un total de 145 atletas.
Os atletas Elpidio Gómez Sousa e Aroa Sío Recknold, favoritos a priori, cumpriron os prognósticos e gañaron con total autoridade a cuarta edición do Trail San Silvestre de Lousame “Castelo de San Mamede”, celebrado onte domingo.
Na proba masculina completaban o podio Marcos Naya e Carlos Lorenzo e na feminina María Ferreiro Pérez e Silvia Casal facíanse co segundo e terceiro posto respectivamente.
En canto ó trail curto os vencedores foron Rubén Martínez na categorá masculina e Tina Fernández na feminina.
Na proba, moi condicionada pola actual situación derivada da covid, participaron unhas 272 persoas, 145 no trail longo e 127 no curto. Tódolos participantes destacaron a beleza do trazado pero tamén a súa dureza, agravada pola climatoloxía, que tampouco axudou ós atletas.
Os participantes tamén destacaron a boa organización da proba, na que se cumpriron tódalas medidas de seguridade por mor da pandemia, entre elas saídas por quendas de doce atletas e deixando un minuto entre cada unha delas.
Máis de 70 voluntarios traballaron para velar polo bo desenvolvemento da proba na que non se produciu incidente de consideración entre eles Club Lousame Deporte, Cruz Vermella de Noia, Protección Civil de Lousame e Club BTT O Treito.