Os barbanzáns confían este ano máis no sorteo do Neno

    loterianeno1.jpgBARBANZA> Os beliscos que a lotería de Nadal deixou na comarca animou aos barbanzáns a mercar décimos para o sorteo do Día de Reis.

    Os barbanzáns confían en que o “Neno” traia máis sorte que o pasado sorteo de Nadal e deixe algún premio importante na comarca. Tódolos ollos están postos no sorteo que se celebra o Día de Reis e que este ano repartirá uns 840 millóns de euros en premios.

    {flowplayer}barbanza/loterianeno.flv{/flowplayer}

    Unha das administracións que máis lotaría vendeu durante as últimas semanas foi a número 1 de Boiro, precisamente a administración na que recaeu un dos quintos premios do pasado sorteo de Nadal.

    Na maioría das adsministracións da zona as vendas melloraron respecto ó sorteo do pasado mes de Nadal, así como tamén á de anos anteriores . Os numeros rematados en 7, 5 e 3 son preferentemente os máis solicitados.Agora só cómpre agardar, desexando que os Reis Magos, nesta noite máxica, traian un pouco de sorte. E por agardar que non sexa….

    Redacción Barbanza