O Est. Otero busca un triunfo que o afaste do descenso

tenisdemesa250_070110.jpgCAMBADOS> Volta o tenis de mesa despois do parón de Nadal. Retómase a competición tanto nas ligas nacionais como nas autonómicas. As miradas volverán a estar postas no Establecimientos Otero que se despraza á Coruña para enfrontarse ó Club de Mar.

Importante partido o que lle agarda ó Establecimientos Otero esta fin de semana no que será un choque de rivalidade rexional ante o Club de Mar. Os cambadeses desprázanse á Coruña onde xogarán o sábado a partires das cinco da tarde. O obxectivo é traerse a victoria para comezar a escapar dos postos baixos nos que se viron sumidos despois de xogar a meirande parte dos encontros fóra da casa nesta primeira volta. Tras nove partidos o Club de Mar suma catro victorias, tan só unha máis que o Establecimientos Otero, polo que promete ser un partido igualado ó que os cambadeses acudirán coa súa formación habitual, a formada por Liu Junhui, Eduardo Barreiro e Adrián Vidal.

Na Primeira División Nacional Masculina o Caixanova Cambados prosigue coa súa loita pola permanencia. Un dos últimos trens para reengancharse ó grupo que lles precede pasará este sábado por San Tomé. A partires das cinco da tarde xogan ante o Cigia, equipo que conta con tres victorias, dúas máis que os cambadeses. Mesmo rival terá o Liceo Casino o domingo ás 11:00, que nunha posición moito máis cómoda na xeral aspira a sumar a súa oitava victoria da temporada.

Mentres, na Primeira Nacional Femenina o Caixa Galicia recibe ó Club San Xoán o domingo ás 11:30. Gema Cores, Raquel Martínez e Cristina Barreiro enfróntanse a un equipo do seu nivel, de metade de táboa.

Ademais, na Primeira Galega teremos estes encontros: Grupo Barros-Lalín, Joyería Enrique-Charol, no que será un derbi local, e Charol-Ferretería Vincios. Na Terceira, Arteal-Chinelas o sábado ás 17:00 en Santiago.

Redacción Salnés