A policia local de Boiro traballou de balde na cabalgata de Reis

    conflictopolicialocalboiro_100_05012010.jpgBOIRO> Pretenden deste xeito chamar a atención sobre o conflicto laboral que dende hai tempo manteñen co rexedor boirés, Xosé Deira.

    A cabalgada dos Reis Magos de Oriente gozou de protección extra o seu paso por Boiro. Non en van, os dezasete policias locais que conforman o cadro de persoal da localidade velaron pola seguridade das súas Maxestades e de todos os nenos e maiores que os acompañaron no seu percorrido pola rúas boiresas.

    {flowplayer}barbanza/conflictopolicialocalboiro.flv{/flowplayer}

    E ademáis o fixeron de balde, xa que non teñen intención de cobrar estas horas extras. Detrás deste actuación agóchase en realidade un conflicto laboral entre a policia local e o rexedor de Boiro que os axentes quixeron sacar a luz realizando esta folga “a xaponesa”.

    Decisións polémicas

    A relación tensa entre o alcalde boirés e a policia local ven de lonxe. Pero, a decisión de Xosé Deira, hai uns días, de non outorgar o plus de productividade ao inspector da policia local, Manuel Feás, acabou por afastar totalmente a ambalas dúas partes. Na actualidade a comunicación entre eles é inexistente.

    Os axentes queixanse de que o alcalde non atende a súa peticións de incrementar en alomenos en seis policias máis o cadro de persoal, algo necesario se se quere continuar con normalidade cas gardas nocturnas.

    Tamén acusan o mandatario boirés de desacreditar as decisións tomadas pola concelleiro de Policia Local, Xerardo Piñeiro. Dende o seo da policia local, teñen claro que se a situación non mellora, seguirán coas protestas. A vindeira será realizar unha pitada no interior da casa do concello para reivindicar solucións.

    ‘Non son tan importantes’

    Pola súa banda Xosé Deira admitiu a tensa relación que existe coa policia local pero manifestou que en máis dunha ocasión tentou arranxar a situación mantendo varias xuntanzas que non chegaron a bo porto. Sinalou tamén que ‘tampouco son tan importantes para que se fale deles nos medios de comunicación’.

    Agora, dixo, ‘tentan enfrontarme co edil de Policia Local, algo que non van conseguir’. Por último, o rexedor boirés engadiu que o que deben facer ‘e poñerse a traballar xa que non é el o que lles paga o seu salario senón toda a cidadanía de Boiro’.

    Redacción Barbanza