RIBEIRA> Por cuarto ano consecutivo, a praza de España acolle a Feira Gastromar.
A cita gastronómica está promovida pola Asociación de Empresarios, en colaboración coas confrarías de Ribeira e Aguiño, a asociación de praceiras e a cooperativa de armadores, co apoio tamén da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o propio Concello.
Esta mañá tiña lugar a súa inauguración oficial coa presenza de numerosas autoridades, entre as que se atopaba a conselleira do Mar, Marta Villaverde.
O obxectivo da Feira non é outro que poñer en valor e dar a coñecer os nosos peixes e mariscos, promovendo de paso o seu consumo.
A Feira prolongarase durante toda a fin de semana, cun amplo e variado programa de actividades que incluirá, ademais das degustacións de peixes e mariscos como é o caso das ameixas, as navallas ou o lirio, showcookings e obradoiros para nenos e familias.











