A ILLA> Varias dependencias do centro educativo quedaron danadas e diversas paredes foron pintadas. As investigacións xa comezaron.
{flowplayer}images/salnes/destrozos_colexio_a_illa.flv{/flowplayer}
Os técnicos do concello, que se dirixían a seguir coas reformas que se estaban a levar a cabo, foron quenes se atoparon onte coa desfeita. Os responsables do acontecido entraron nun dos días da fin de semana aproveitando a ausencia de vixianza que ten o edificio nestas datas. Para entrar forzaron catro das portas coas que conta o colexio e, unha vez dentro, levaron por diante todo o que puideron. O resultado: un aula quedou totalmente inutilizada e varias paredes do centro remataron pintadas.
Pola situación na que quedou todo, considérase que os intrusos incluso chegaron a facer un botellón dentro do centro escolar. Os feitos xa foron denunciado polo director ante a policía e a garda civil. Ata o de agora descoñécese quen puido levar a cabo isto, inda que se sospeita que os responsables sexan persoas adultas.
Carlos Lorenzo pide unha maior colaboración cidadá na protección do centro, xa que considera que é unha tarefa que depende de todos.
Pero esta non é a primeira vez que entran no edificio. Con esta xa son catro.A anterior producíase fai uns meses onde roubaron un proxector valorado en máis de dous mil euros.
Redacción Salnés