Vilanova celebra a segunda feira da conserva con premio para a elaboración máis innovadora

VILANOVA> Vilanova inicia a segunda edición da feira da conserva. Un total de 27 postos estará durante toda a fin de semana ofertando o seus produtos no Xardín Umbrío. Para as conserveiras é unha oportunidade para promocionar os seus produtos e chegar a máis xente.

A feira da conserva de Vilanova deu o pistoletazo de saída hoxe á súa segunda edición. Dende o Xardín Umbrío 27 postos ofertan os seus produtos. A feira destaca por mesturar produtos tradicionais con elaboracións novidosas. Para as conserveiras é unha oportunidade para promocionar os seus produtos.

A feira estará en funcionamento ata o vindeiro domingo. As conserveiras destacan o ambiente e a atención que reciben dos visitantes.

Os visitantes, tanto da comarca como de fora da comunidade, destacan a orixinalidade desta feira.

A variedade de oferta de produtos en conserva e as súas elaboracións son moi amplas. Os visitantes tamén escollen o seu produto favorito.

O acto de inauguración acudiron numerosos cargos políticos e representantes de diferentes sectores empresarias. Tanto a conselleira como o alcalde destacaron a importancia de realizar a feira para recoñecer a un sector tradicional galego e que a súa vez tivo un papel importante durante a pandemia. O evento gastronómico tamén repartirá dous premios: ao mellor posto e a produto máis innovador.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí