Unha nena de tres anos, trasladada ao hospital tras sufrir unha caída no colexio de Arealonga de Vilagarcía

VILAGARCÍA> Unha nena resultou ferida esta mañá ó sufrir unha caída no patio do colexio de Arealonga, en Vilagarcía. A consecuencia do golpe, a pequena convulsionou. Tivo que ser trasladada de urxencia ó Hospital do Salnés, con prognóstico reservado.

Os feitos tiveron lugar contra a 1 da tarde no patio do colexio de Arealonga, en Vilagarcía. A nena sufriu unha caída, golpeándose contra o chan. A pequena é unha nena de tres anos, que entrou en convulsión a consecuencia do impacto.

Os efectivos de Emerxencias de Vilagarcía mobilizaron ata o lugar dos feitos unha ambulancia, a petición do 061. No dispositivo tamén participou un equipo médico. A proximidade entre a base do servizo municipal de emerxencias e as instalacións escolares, permitiu que as dotacións chegasen ó punto nun intervalo de menos de tres minutos.

Xa no lugar dos feitos, o primeiro equipo que acudiu ó colexio encargouse de estabilizar á menor. Acto seguido, a pequena foi trasladada en ambulancia ó Hospital do Salnés. O seu prognóstico é reservado.