O bo xogo non foi suficiente para Vilalonga e Céltiga

derbi250_040110.jpgSALNÉS> Tralo parón de Nadal voltou o futbol na Preferente e na Terceira. Mala xornada vivida polo Céltiga e o Vilalonga. Os celestes caeron na Fontenla frente ó Santa Comba mentres que os da Illa non puideron co Pontevedra B na casa. O Portonovo impúxose no derbi da Preferente ó Cambados.

Rematou a primeira volta na Terceira e os dous equipos do Salnés pechárona con sendas derrotas. A máis dolorosa se cadra a vivida no Salvador Otero por parte dun Céltiga que tivo máis e mellores ocasións que o Pontevedra B pero que non as soubo aproveitar. 0-2 para os de Luis Casais que volveron a amosar a mesma cara que en San Pedro, a conservadora.

O futbol no primeiro tempo puxérono os de Pablo Vázquez que puideron adiantarse pero que recibiron a pouco para o descanso un tanto de Edgar que poñía as cousas costa arriba. Con 0-1 no segundo tempo xogouse en campo do filial granate, que agardou no seu terreo para saír á contra.

Manuel tivo a opción de empatar, pero atopouse cun Ríos que reaacionou rápido despois dunha carambola. Tamén a tivo Óscar Río, pero obtivo a mesma resposta do gardamallas pontevedrés.

A dez para o remate, o mazazo. Unha xogada a balón parado decidíu e botou pola borda as esperanzas dos de Vázquez. Rubén foi o que cabeceou á rede. O encontro convertreuse entón nun carrusel de faltas, algunhas de moito dureza. Incluso os locais reclamaron un penalti sobre Hugo Soto que o colexiado Comesaña Bastero non sinalou.

Esta derrtota deixa ó Céltiga undécimo con 22 puntos. Dous puntos e dous postos por enriba sitúase o Vilalonga que non puido puntuar na Fontenla ante un Santa Comba en plena xeira de resultados que o levan a sumar catro triunfos seguidos. Ante o mal estado do terreo de xogo as imprecisións foron constantes. Pese a todo o dominio sempre foi visitante. Mereceron máis os de Gabi Leis que tampouco atoparon o acerto na portería rival que sí tiveron os locais. Adrián Nieto, fixo ós 20 minutos e no 88′  un dobrete que colocou o 2-0 no marcador. Machu reducíu diferencias a un para o final pero xa non habería tempo para a remontada.

SORTE DISPAR NA PREFERENTE

Un penalti polémico no minuto 83 deu a victoria ó Portonovo onte en Baltar ante o Cambados. Unha acción moi protestada polos visitantes e que decidíu o partido. Pese a errar Fiti o lanzamento aproveitou o rexeite de Felipe para colocar o 2-1. Esta acción resolveu un econtro igualado e de intensidade no que saíron mellor os de José María Rial pese á baixas coas que acudían o choque. Beneficiados polo tempraneiro gol de Turu ó dous minutos dominaron o xogo ata que nunha acción aillada Álex Cubas empataba á media hora. Igualado o marcador o triunfo puido caer de calquera dos dous lados. Ó final os tres puntos quedarían en Baltar.

Tamén quedaron no Revel para un Sanxenxo que xa é cuarto na xeral logo de doblegar ó Covadonga (3-1). Non foi un bo partido de futbol pero o dominio do xogo sempre o tiveron os locais que se adiantaron no marcador mediado o primeiro tempo por mediación de Fernando Aguín, que tamén conseguiría o segundo. Os ourensáns reduciron diferencias pero Aaron certificou o triunfo dos de Calucho que prolongan unha xeira magnífica de resultados que lles fixeron sumar 25 dos últimos 30 puntos en xogo.

Mesmo resultado, 3-1, deuse na Senra para un Ribadumia que se despega a zona baixa gañando a un rival directo pola permanencia como o Marín. Son oito puntos os que o separan agora mesmop do descenso directo. Ramón ós 11 minutos xa fixera dous tantos que puxeron as cousas máis doadas. Julio faría o terceiro na prolongación nun encontro moi disputado no que os visitantes remataron con nove.

A cruz da xornada foi o Arousa que caeu ante o líder na Lomba (0-2). O Estradense demostrou a súa condición de favorito ó ascenso dominando de principio a fin e sentenciando con dous goles na segunda metade. O técnico Ricardo quixo introducir algúns cambios tácticos que non surtiron efecto. Unha derrota que frena a recuperación dos vilagarciáns que agora visitarán ó Choco que é cólider.

Redacción Salnés