Botana presenta un menú recreación da cea fundacional do Albariño

    CAMBADOS> Poderase degustar no restaurante cambadés Pandemonium, a partir do 24 de xullo.

    {flowplayer}images/salnes/PtacMenuFesta_040712.flv{/flowplayer} 

    O chef do restaurante Pandemonium, Antonio Botana, presentou unha recreación do menú da primeira cea da Festa do Albariño, celebrada en 1953, e que vai ofrecer no seu establecemento dende o 24 de xullo ata o 4 de agosto, coincidindo coas datas da celebración albariñense.

    O acto desenvolveuse na horta da familia Botana Cabanillas onde, hai 60 anos, fundouse a festa cunha cea e cata-concurso organizada tras unha aposta cruzada entre o letrado Bernardino Quintanilla e Ernesto Zárate.

    O cociñeiro estivo acompañado polo alcalde, Luis Aragunde. Tamén estivo presente o propietario de adegas Zárate, Eulogio Pomares, que vai colaborar nesta iniciativa co restaurador. Ademais presentou neste acto unha botella de albariño gardada polo seu tio avó, Ernesto Zárate, un viño gañador do premio no terceiro concurso, en 1955.

    Á presentación tamén acudíu o xerente de Esperanza Salnés, Augusto Chaves, entidade que percibirá un 7% da recadación que se acade coa comercialización do menú histórico. Este baséase no que degustaron os fundadores da festa e mailos asistentes aos primeiros xantares albariñenses dos anos 50. A recreación do mesmo consiste en aperitivos a base de empanada de xoubas, mexillóns en emulsión cítrica; entradas con xugo da esencia de bogavante, verduras e herbas, moluscos sobre un caldo acidulado de algas, polbo en xugo de azafrán como unha mariñeira. galo de casa nun guiso de améndoas, ademais de postres e bebidas. O custe único será de 54 euros.

    Redacción Salnés