Novo reto solidario de Amigos de Galicia: conseguir 6 millóns de tapóns nun mes para axudar a Edgar

VILAGARCÍA> 6 millóns de tapóns e un mes para conseguilos. Ese é o reto que se marca a Fundación Amigos de Galicia para axudar a Edgar, un bebé de 6 meses cun problema auditivo. Para conseguir este obxectivo, o colectivo vai contar coa axuda de MRW. As sedes da empresa de paquetería, como a de Vilagarcía ou O Grove converteranse en punto de recollida dos tapóns solidarios.

O reto parece complicado, pero non imposible: a Fundación Amigos de Galicia quere conseguir 6 millóns de tapóns nun mes para axudar a Edgar, un bebé ourensán que sofre un problema auditivo.Para conseguir este obxectivo, a Fundación Amigos de Galicia non vai estar soa. Vai contar coa axuda de MRW. A vintena de sedes que a empresa de paquetería ten repartidas por Galicia, como de Vilagarcía ou O Grove, converteranse en punto de recollida dos tapóns solidarios.

A empresa tamén se encargará de transporta-los tapóns solidarios ó punto de recollida de Amigos de Galicia. Unha vez na nave, o proceso non remata aquí: hai que clasificalos. O colectivo fai un chamamento á cidadanía, porque precisa voluntarios. A iniciativa xurdiu da Taponeta Solidaria. Foi este colectivo o que se puxo en contacto con Amigos de Galicia e a empresa de paquetería para sacar adiante o proxecto conxunto.