Alfageme cesará a súa actividade produtiva a vindeira semana

    alfageme_copia100.jpgVILAXOÁN> A incapacidade para conseguir o crédito necesario para facer fronte á delicada situación foi a que provocou este peche.

    {flowplayer}images/salnes/ccoo_alfageme.flv{/flowplayer} 

    Nove millóns de euros son os que reclama a empresa Alfageme. Este crédito de viabilidade é o necesario para que a conserveira poida facer fronte ós seus problemas económicos. Caixanova e Banco Popular prometeran conceder á empresa este crédito se a Xunta apoiaba a decisión. Agora que a Xunta está disposta a colaborar, os bancos non parecen estar de acordo. As entidades financeiras afirman que só axudarán se a empresa pasa a ser xestionada por empresarios da industria conserveira.

    Dende comisións obreiras declaran que o que solicitan actualmente estas entidades é inviable, posto que só se podería dar cando a empresa comezase a súa recuperación.

    Polo de agora Alfageme cesará a súa actividade ante a falta de liquidez. A campaña de Nadal deixou á conserveira nunha mala situación. Para afrontar estas datas de moito traballo, a empresa solicitara un crédito ponte básico de 2.000.000 de euros que non recibiu. Isto trouxo consigo que non se puidese facer fronte ós pedidos dos seus clientes.

     Mañá levarase a cabo unha reunión en Santiago co IGAPE. Nela pedirán explicacións sobre a incapacidade deste organismo e da Xunta á de esixir a Caixanova e ó Banco Popular o desembolso deses nove millóns.

    Mentres tanto os traballadores esperan que todo isto se resolva pronto e así poidan cobrar o que lles corresponde.

     Redacción Salnés