![]()
VILANOVA> A colisión produciuse ás nove e media no quilómetro 6 da estrada que une Vilagacía e Cambados. O motorista saíu despedido co impacto e recibiu un forte golpe na cabeza ó chocar contra o asfalto.
{flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_VILANOVA.flv{/flowplayer}
A parroquia de Caleiro foi o escenario do tráxico accidente, ocorrido no quilómetro 6 da estrada que une Vilagarcía con Cambados. Ás nove e media da noite un vehículo marca Peugeot colisionaba lateralmente cunha motocicleta Honda ó incorporarse dende un cruce á estrada principal. O motorista, un home de 45 anos, saíu despedido co impacto e recibiu un forte golpe na cabeza ó chocar contra o asfalto. Un veciño foi o que deu a voz de alarma ós servizos de emerxencia.
No lugar do sinistro presentáronse as urxencias médicas e efectivos da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil. Os sanitarios conseguiron reanimar ó home sobre o terreo, e despois procederon ó seu traslado ó Hospital do Salnés. Pasada a media noite, o equipo sanitario certificaba a súa morte durante a viaxe ó centro médico.
A Garda Civil interrogou á condutora do vehículo, unha muller de 40 anos que resultou ferida leve tralo accidente.
Aínda que as causas da colisión están por aclarar, o despiste da condutora á hora de saír do cruce sinálase como a principal causa do sinistro mortal.
Redacción Salnés







