As obras do Alcampo volven a alterar o ritmo de vida dos vilagarciáns

    VILAGARCIA> Un novo erro nas obras do Alcampo provocou que varios veciños da zona de As Carolinas en Vilagarcía, tiveran que ser desaloxados das súas casas. Nesta ocasión a perforación accidental dun conduto do gas, provocou un escape, polo que se mobilizou un amplo dispositivo de emerxencias. A perforación dun conduto do gas este mércores provocou que numerosos veciños da zona de As Carolinas en Vilagarcía tiveran que ser desaloxados das súas vivendas por motivos de seguridade. O alcalde da vila destacou esta mañá a rápida reacción dos servizos de emerxencias. Os técnicos de Gas Natural chegaron a empresa no entorno das 16:30 da tarde e pasados 20 minutos xa estaba solucionada a avaría. O alcalde suxeriu que a empresa que desenrola as obras, que revisen os seus protocolos de seguridade, porque de darse máis incidentes, senón o concello podería chegar a adoptar medidas máis extremas. Varela tamén afirmou que as medidas que tomen as propias empresas dependen de eles mesmos e non teñen nada que ver co concello. Esta é o segundo incidente que se rexistra polas obras do novo Alcampo. Recordemos que a pasada semana unha grúa tirou un poste da luz, deixando sen servizo eléctrico a boa parte do municipio.