‘O Salnés necesita aumentar o servizo de ambulancias urxentemente’

    transporte_sanitario_copia100.jpgO SALNÉS> Así do denunciou esta mañá a CIG, ante o precariedade de atención ó paciente por falta de medios. Aseguran que se necesita unha segunda ambulancia con base en Vilagarcía.

    {flowplayer}images/salnes/TRANSPORTE_SANITARIO.flv{/flowplayer}

    5.800. É o número de servizos que realizaron as dúas ambulancias asistenciais do Salnés durante o pasado ano, ó que se sumou o apoio de Protección Civil con máis de 1.900 transportes. Segundo os datos aportados pola CIG, estase a falar de máis de 10 servizos ó día. O sindicato denuncia que na zona Sanitaria de Pontevedra hai unha ambulancia por cada 27.320 habitantes, é dicir dúas asistenciais e unha medicalizada. Mentres, no Salnés só se dispón de unha ambulancia por cada 40.650 habitantes, é dicir 2 asistenciais para 81.300 habitantes.

     Os profesionais sinalan que os recursos existentes na zona do Salnés son os mesmos que cando se creou a rede de transporte sanitario urxente do 061 no ano 1.998. Na zona sanitaria de Pontevedra aumentouse dende esa data en dúas ambulancias asistencias. Reclaman ás administracións unha mellora dos servizos.

     Agradecen o apoio de Protección Civil pero afirman que non poden cubrir o traballo que debe desenvolver unha ambulancia do 061. Aseguran que hai tanto déficit que teñen que cubrir outras zonas deixando desatendidas varias localidades.

    Dende a Federación de Transportes Sanitarios sinalan que van presentar varias mocións nos concellos e a Consellería de Sanidade para que as administracións melloren o servizo.

    Redacción Salnés