O inquilinos de Desamparados xa teñen as chaves dos seus pisos

    CHAVESDESAMPARADOS copia.jpg VILAGARCÍA> Cúmprese así o último trámite para poder entrar a vivir nun edificio no que deberían ter entrado xa o ano pasado.

    {flowplayer}images/salnes/ENTREGA_CHAVES_PISOS_DESAMPARADOS.flv{/flowplayer}

    O tintinar das chaves foi invadindo pouco a pouco o salón de plenos de Vilagarcía a medida que cada un dos adxudicatarios das 31 vivendas de protección oficial de Desamparados ían recollendo o pase ós seus novos fogares. A presión exercida especialmente nos últimos meses permitiu ós adxudicatarios que as administracións implicadas axilizasen os trámites. 

    Quedaba pendente a licenza de ocupación, que o concello puido tramitar logo de que se finalizasen as obras de urbanización do entorno, por certo case mes e medio antes do previsto inicialmente. A concesión foi posible grazas ó acordo ó que chegaron a Xunta de Compensación, que engloba ós propietarios dos terreos nos que se levantan os edificios, e a empresa adxudicataria das obras, Marco. Trala mediación do concello, os propietarios accederon a entregar a Marco os 95.000 euros que reclamaban polas obras.

    A ocupación das vivendas vai parella á apertura do centro de día proxectado nos baixos do edificio. Segundo o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, como moito en dous meses xa podería estar aberto ós usuarios.

    Tras este acto de entrega das chaves os adxudicatarios das vivendas mantiveron unha xuntanza na que se constituíu a Xunta Administradora de Arrendatarios, que regulará as relacións e convivencia entre os inquilinos.

    Redacción Salnés