Comezan as rebaixas da crise con descontos agresivos

    rebajas_copia100.jpgSALNÉS> Os descontos roldan entre o 50 e o 75%. Os comerciantes aseguran que a situación non mellorará coas rebaixas.

    {flowplayer}images/salnes/REBAIXAS.flv{/flowplayer}

    As rebaixas deste ano son máis agresivas que no 2009. Na maioría dos comercios deixouse atrás os carteis do 10 ou 20% para, mostrar directamente os de 50% e nalgúns casos ata o 70. Hai que por sobre a mesa todos os trucos necesarios para atraer a clientela nesta época de crise. Os datos falan por si sós, durante a tempada outono inverno pecharon máis de 6.000 tendas. Os comerciantes, dan a benvida ás rebaixas algúns con máis sorte que outros.

    O que está claro é que a xente estase animando a mercar pero gastan menos. Segundo a Federación de Usuarios e Consumidores Independentes, o gasto medio dos galegos situarase nos 90 euros. Esta cifra supón o terceiro retroceso consecutivo no gasto adicado ás rebaixas.

    Estes descontos inxectarán liquidez a uns establecementos, que segundo as cámaras de comercio, obrigaron ós empresarios a perder ata un 52% do marxe dos beneficios nos meses previos á campaña.

     Redacción Salnés