O Ministro de Xustiza condena os atentados de Cataluña dende Sanxenxo

    SANXENXO> Sanxenxo gardou esta mañá un minuto de silencio polo terrible atentado que onte acontecía en Barcelona, a este acto sumouse o Ministro de Xustiza, Rafael Catalá quen condenou o atentado e afirmou “que todos aqueles que queiran alterar o noso modelo de convivencia non o van a conseguir”. O terrible atentado terrorista vivido onte en Barcelona e Cambrils deixaron imaxes como esta que se repetiron en diferentes concellos de O Salnés. Concretamente en Sanxenxo o Ministro de Xustiza, Rafael Catalá, formou parte de ese chamamento que fixeron dende o concello da vila, con Telmo Martín a fronte, para realizar un minuto de silencio para condenar os feitos de onte en Cataluña. Catalá afirmou que hoxe é un día de dor para todos os españois. O Ministro de Xustiza tamén tivo un recoñecemento para os corpos de seguridade e mostrouse convencido de que a democracia conseguirá erradicar estes actos. Catalá afirmou que os servizos de seguridade españois están moi preparados para a loita antiterrorista, a pesar deste apunte, o Ministro non descartou que se poida subir a alerta terrorista do nivel 4, no que nos atopamos, ao 5 que sería o nivel máximo. Facemos balance para recordarlles que entre os dous atentados acontecidos onte en Cataluña pódese afirmar, polo de agora, que hai 14 falecidos e máis de un centenar de feridos