Durán lembra que nunca cesaron no subministro eléctrico á Ponte da Illa

    gonzalo_duran_vilanovacopy.jpgVILANOVA> Lembrou que o alumeado das rotondas da estrada de acceso ó porto de Vilagarcía seguen sen funcionar desde a súa inauguración.

    {flowplayer}images/salnes/ILUMINACION_CONCELLO_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    Trala remodelación da Ponte de A Illa, fai catro días procedeuse ó aceso do alumeado público pero só pola parte do concello isleño. Daquela este municipio sospeitou que no outro lado, correspondente a Vilanova, non estaban pola labor de garantir o subministro eléctrico.

    Despois da polémica dos últimos días, esta mañá o alcalde vilanovés reiterou que eles non teñen ningún problema co alumeado e lembrou que en ningún momento cesaron no pagamento das facturas.

    Pola súa banda, sinalou que este incidente acontece cando a obra aínda non está entregada, mentres que, na estrada de acceso ó porto de Vilagarcía o alumeado das rotondas segue sen funcionar desde a inauguración da obra que foi antes do verán.

    Por último, criticou que os socialistas, en ningún momento, denunciasen esta situación para mellorar a seguridade viaria desta estrada.

    Redacción Salnés