O Intecmar abriu ó marisqueo a zona afectada polo vertido de onte

    mariscadoraschapapote copia100.jpgGROVE> Esta mañá as mariscadoras xa saíron a faenar, despois de que as análises descartaran calquera problema no marisco provocado polo chapapote.

    {flowplayer}images/salnes/MARISCADORAS_GROVE.flv{/flowplayer}

    En contra do anunciado onte dende o Intecmar, as mariscadoras mecas puideron saír a faenar esta mañá nos areais que onte foran afectados polo vertido. As análises que os técnicos da Consellería realizaron en Rons, Cubreiro e Lordelo, non detectaron perigo para o marisco.

    Durante as tarefas de limpeza que realizaron ó longo de toda a tarde, as mariscadoras recolleron máis de 60 sacos con restos do vertido. Agora o único rastro de chapapote nos areais mecos atópase nas pedras.

    O vertido fora detectado o mediodía de onte en augas de Cambados, pero ó longo do día fórase desprazando cara O Grove, onde finalmente tocou terra. Dende onte estase a investigar a súa posible orixe, aínda que de momento non se teñen datos ó respecto.

    Redacción Salnés