A Deputación financiará a mellora de varios parques en Noia

mellorasparquesinfantis_100_110110.jpgNOIA> A Deputación de A Coruña concedeu unha achega de setenta mil euros ó concello para levar a cabo melloras en tres parques infantis da localidade.

{flowplayer}barbanza/mellorasparquesinfantis.flv{/flowplayer}

Malia que son varios os recintos de xogos do municipio que se atopan en mal estado, o concello noiés decidiu amañar, grazas a unha subvención da Deputación de A Coruña de setenta mil euros, os tres parques emprazados no casco urbano, ao seren os máis concorridos. As actuacións executaranse na Alameda, no paseo marítimo e en San Lázaro.

O concelleiro de obras noiés fixo especial fincapé na remodelación do parque infantil situado a carón do campo de fútbol de San Lázaro, por ser unha das áreas que se atopa en peor estado. Os traballos de mellora afectarán a totalidade dos xogos que serán substituídos por outros novos. Outras reformas serán o cambio do chan de herba por outra de area e dotar ao recinto de maior seguridade coa colocación dun peche perimetral de madeira.

O principal obxectivo desta remodelación dos parques infantís noies é adaptalos a normativa de seguridade infantil vixente.

Redacción Barbanza