O Barbanza acolle esta fin de semana varias actividades do programa FalaRedes

5

GALICIA> O programa de fomento do galego FalaRedes, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, levará esta semana tres propostas de lecer a seis concellos da Rede de Dinamización Lingüística. A primeira parada será en Dodro que acollerá este venres o concurso Os Bolechas e o Sabichón, que o sábado aterrará na vila ourensá de Castro Caldelas, ás 18:00 h no Castelo, e o domingo no Barco de Valdeorras. Pola súa banda, a obra de teatro infantil As fabas máxica inicia este fin de semana a segunda quenda da súa xira tras ampliarse o calendario con seis pases máis grazas á colaboración económica da Deputación da Coruña, en virtude da súa participación na Rede.O primeiro terá lugar este sábado en Outes, tras o que o domingo visitará Santiago de Compostela, Xa destinado a todas as idades, o concerto de fados Os sons do vento que pasa deleitará o sábado a veciñanza do concello de Vilaboa, onde Gonçalo Guerreiro e Dani Pais actuarán na Casa da Cultura de Riomaior. As tres actividades, que coincidirán de xira durante todo o mes de setembro, cumpren co obxectivo do FalaRedes 2014 de fomentar o galego de xeito lúdico entre o público en xeral, enchendo o seu tempo de lecer con propostas de calidade no noso idioma.

COMPARTIR