Guillerme Váquez: “Feijoó non ofreceu medida algunha para paliar a crise”

guillermevazqueznoia_100_021109.jpgNOIA> O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, repasou con xornalistas da comarca, distintas temas da actualidade galega.

Nun acto organizado polo BNG comarcal no Colieseo Noela de Noia, Guillerme Vázquez, respostou as preguntas formuladas por un grupo de xornalistas que habitualmente cubren a información na comarca de Muros-Noia.

{flowplayer}barbanza/guillermevazqueznoia.flv{/flowplayer}

Entre os temas abordados, como non podía ser doutro xeito, os orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano 2010 que veñen de ser presentados. Na súa intervención o portavoz nacional do BNG criticou as diminucións de partidas para investimentos, o que suporá un novo retraso a proxectos importantes para esta comarca como é o caso do saneamento da ría. Tamén se referiu ó descenso nas partidas destinadas a Sanidade e a Educación.

Fusión Caixas de Aforros

Guillerme Vázquez tamén fixo referencia ó especial interese que ten o goberno presidido por Núñez Feijoo de privatizar. Así aludiu á introducción de capital privado na sanidade.

Tamén se referiu ó debate existente sobre a fusión das caixas de aforros. Guillerme Vázquez reclamou un cambio na lei de caixas para tratar de mante-la súa galeguidade e que a toma de decisión nestas entidades sexa tomada en Galicia. Así apostou tamén pola súa democratización, e porque estas apoien ás empresas galegas na concesión de créditos, así como ós particulares.

Na súa visita a Noia o líder dos nacionalistas estivo acompañado polo responsable comarcal, Manuel González, e os concelleiros do BNG de Noia, Bieito González e Loli Caramés.

Redacción Barbanza