Recoñecementos en favor do libro e da lectura

RIANXO> A Federación de Librarías de Galicia escolleu Rianxo para a celebración do acto de entrega dos premios Irmandade do Libro. Un bo numero de persoas asistiu este pasado sábado no auditorio de Rianx ó acto de entrega dos premios anuais “Irmandade do Libro” organizado pola Federación de Libreiros de Galicia. Os premios, que chegan á súa 23 edición, teñen como obxectivo recoñecer o traballo e o apoio a prol do libro e da lectura realizado por persoas, entidades e colectivos. No acto de entrega de premios, a presidenta da Federación de Librarías de Galicia, Pilar Rodríguez, animou ós profesionais do sector a seguir traballando arreo para que o libro e a lectura, ferramentas imprescindibles de progreso, sigan presentes e activos no enriquecemento intelectual e cultural da nosa sociedade. Os premios entregados nas diferentes modalidades recaeron este ano na Biblioteca Pública Valle Inclán de Redondela na sección de ‘Fomento da lectura’, coma ‘Obra Editorial do ano 2013’ o galardón foi para a Colección Cociña Infantil e familiar da Editorial Ouvirmos, para ‘Centros de Ensino’ premiouse ó CPI Manuel Suárez Marquier de O Rosal, coma ‘Libro do Ano Infantil e Xuvenil 2013’ o premio recaeu na Triloxía Amote Leo A. de Rosa Aneiros, coma ‘Libro do Ano 2013’ o premio foi para o Ulises de James Joyce. De Editorial Galaxia, coma ‘Mellor Autor’ o galardón foi para Chus Pato e coma ‘Mellor Libraría’ para a Libraría Ramón Cabanillas de O acto de entrega de premios estivo presidido polo conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, que destacou o potencial galego na evolución do sector do libro. O acto contou tamén coa presenza doutras autoridades, entre elas o alcalde de Rianxo, Adolfo Muiños, que agradeceu á Federación de Librarias pola escolla de Rianxo para a realización do evento. Con anterioridade á Entrega de Premios, os participantes puideron disfrutar tamén coa música do Grupo Barahúnda, e a actuación especial da actriz Isabel Risco. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/07/entregapremiosirmandadelibrorianxo070414.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/07/entregapremiosirmandadelibrorianxo070414.mp4{/flowplayer}