Pontevedra acollerá o FLOP Cinema do 29 de maio ao 2 de xuño

Pontevedra> En clave cultural, dende o Concello de Pontevedra presentaron nesta xornada o programa FLOP Cinema. Unha cita que se traslada ao Teatro Principal e que se desenvolverá do 29 de maio ao 2 de xuño. O certame contará coa colaboración de CineClub de Pontevedra e os festivais Novos Cinemas e FIC Bueu.

O flOP Cinema presenta a súa segunda edición coa que pretende achegar a toda a cidadanía á temática LGTBI. O certame, que terá como sede das proxección o Teatro Principal, ten como fin dar visibilidade ao colectivo.

Nesta edición colaborarase con outras entidades e eventos da cidade e a súa comarca, como o CineClube Pontevedra, o Festival Novos Cinemas e o Certame de Curtas Fic Bueu. Dende a organización destacouse a importancia da creación deste tipo de sinerxias.

Ademais das proxección celebraranse sesións de cineforum coa participación dos directores. Entre as películas proxectadas contarase con tres obras de creadores galegos. Tamén se continuará con actividades feitas en centros de ensino secundario para a normalización do colectivo LGTBI na sociedade. Así que xa o saben poderán desfrutar do Flop Cinema do 29 de maio ao 2 de xuño no Teatro Principal da Boa Vila.