Medio Rural impulsa a concentración parcelaria con 670.000 euros

    concentracion_parcelaria_100_200110_copia.jpgMEIS> Esta achega elevará a catro millóns de euros a partida económica que se leva investida nestas obras desde que arrincaran no 1999.

    {flowplayer}images/salnes/200110_visita_touris_meis.flv{/flowplayer}

    Esta nova achega de 670 mil euros permitirá ó concello de Meis completar varios proxectos de mellora nas infraestruturas, saneamento e accesos ás zonas do rural. O investimento anunciado por Medio Rural elevará a catro millóns de euros a partida económica que se leva investida nestas obras desde que arrincaran no 1999. Nestes intres, a concentración parcelaria de San Salvador e Paradela está case rematada, e desde o servizo de infraestruturas agrarias da consellería calculan que no 2011 xa poderán facer entrega dos títulos. Máis retrasadas van as actuacións en Nogueira e San Martiño-Armenteira, paralizadas polo momento á espera de que se modifique a lei do solo.

    Polo de agora, a concentración parcelaria está executada en preto de 3.600 hectáreas, uns terreos que pertencen a case 5.500 veciños. Coas novas obras que se pretenden levar a cabo non só se permitirá potenciar unhas zonas de gran valor para o cultivo de horta ou viñedo, senón que tamén contribuirá a cohesionar socialmente a zona.

    Redacción Salnés