A música continuará no concello de Meis cos tres días de concertos do Arementeira Jazz

MEIS> Meis presenta a sexta edición do Armenteira Jazz. O festival contará con artistas consolidados tanto a nivel local como internacional. Celebrarase dende o venres 16 ao domingo 18.

A música volverá ao concello de Meis coa celebración do Armenteira Jazz. A sexta edición do festival contará con artistas con éxito internacional  e nacional como Yago Vázquez, Fernando Sánchez Quartet e Terela Grandin Project e artistas locais como Butterfly Trio, o trío de seminario permanente de jazz de Pontevedra e a Street band.

Para a organización, o festival supón unha oportunidade para gozar do jazz na comarca e a súa vez apoiar aos artistas.

Dende o concello mostraron a súa satisfacción porque a música continúe en Meis tras as festas de San Bieto. Ademais o festival contará con todas as medidas necesarias para garantir a seguridade.

O festival celebrarase do 16 ao 18 de xullo. As actuación será gratuítas pero cunha capacidade de ocupación limitada.