A canceira de Cambados logra salvar dunha finca a dous cans maltratados

    CAMBADOS > A chamada dun turista mallorquín fixo saltar a alarma. Tres cans, en condicións lamentables, agonizaban nunha finca de Corvillón…

    …e un cuarto xa se atopaba morto.Os voluntarios da canceira municipal de Cambados tiveron que esperar algo máis de 24 horas para poder tratar a dous destes tres cadelos que ata a mañá de hoxe se atopaban no interior dunha finca privada en Corvillón. O terceiro dos cadelos escapou.

    Olga Costa, directora da canceira, asegura que a colaboración dos veciños e vital para evitar estes crimes contra os animais que se atopaban con sarna, carrachos e desnutridos. Este estado de abandono é cousa de meses e Olga Costa asegura que esta finca supón un perigo para a saúde pública. Agora farán faia semanas de tratamento para que estes cans poidan recuperarse. Ademais, a falta de medios é outro problema có que loitan estes voluntarios.

    Esta canceira ten infraestructura para 50 cadelos pero actualmente son 82 ós que habitan neste lugar. Xa non hai xaulas para eles. Afortunadamente, a mesma persoa que alertou desta situación amosou o seu interese por quedarse cós cadelos. Pero aínda quedan moitos cans por atopar unha familia de acollida.

    Redacción Salnés