Imaxes exclusivas da detención de sete romaneses en Sanxenxo nunha operación policial

    SANXENXO > As cámaras de Tele Salnés Barbanza foron testemuña en exclusiva dunha espectacular redada en Sanxenxo. O Grupo Rural de Seguridade da Garda Civil detivo a sete romaneses que vivían nun piso alugado no municipio dende fai uns dez días. As causas das detencións non foron confirmadas oficialmente aínda pero todo parece indicar que está relacionada cunha operación que se leva a cabo en distintas provincias españolas.

    redadasanxenxo58_200_020506.jpg

    redadasanxenxo8_200_020506.jpgDende as dez e media da mañá do martes a Garda Civil presidía a entrada do edificio no que se levou a cabo a detención dos individuos. Os poucos veciños que viven durante o ano no bloque de pisos non daban crédito ó que vían a medida que chegaban ás súas casas ó longo da mañá.

    O despregue, no que interviron uns trinta axentes, asustou polos ruídos ós que se atopaban nas inmediacións da vivenda na que se atopaban os sete romaneses. Tras irromper no domicilio, logo de rebentaren a porta, cachearon o piso e detiveron ósredadasanxenxo4_200_020506.jpg ocupantes, un dos cales tentou escapar (segundo os veciños) por unha das fiestras. Parece ser que o piso redadasanxenxo12_200_020506.jpgno que se atopaban pertence a unha veciña de Ourense que lles alugou a vivenda facía menos de dúas semanas a estes mozos que rondan a vintena de idade. 

    A operación saldouse cun total de sete individuos detidos e unha gran cantidade de material incautado: bolsas, roupa, electrodomésticos e documentos. Se ben non foi confirmado, todo parece apuntar que se trata dunha banda organizada internacional de delincuentes da Europa do Leste que opera en distintas provincias españolas e sobre as que a policía está a despregar un importante operativo que deu comezo en Alacante. Redacción Salnés