O BNG denuncia falla de celadores no Hospital da Barbanza

    bngribeiraceladores_100_20012009.jpgRIBEIRA> Os nacionalistas ribeireses fanse eco así das denuncias realizadas polos propios traballadores do centro hospitalario.

    Segundo o BNG de Ribeira a inauguración do hospital comarcal do Barbanza, no ano 1997, como Fundación Pública á marxe do Servizo Galego de Saúde consentiu, entre outras deficiencias, a súa posta en funcionamento sen as preceptivas prazas de celador coas que si contan tódolos hospitais do SERGAS.

    {flowplayer}barbanza/bngribeiraceladores.flv{/flowplayer}

    A integración no ano 2007 deste centro hospitalario na rede do Servizo Galego de Saúde, promovida polo anterior goberno bipartito na Xunta, provocou importantes melloras das que xa se están a beneficiar os propios traballadores do centro hospitalario así como tamén os veciños da comarca.

    Escasa dotación orzamentaria

    Aínda así segundo os nacionalistas quedaron outras eivas importantes. Unha delas é a que agora reclaman: a creación desta categoría de celador coa que se poría fin a unha discriminación do persoal deste hospital que debe realizar funcións que non lle corresponden, o que supón unha diminución da calidade no servizo e na atención que prestan diariamente ós pacientes.

    O grupo municipal do BNG denunciou tamén a pouca dotación orzamentaria que a Xunta destinará no presente ano ó hospital barbanzán, botando en falta a posta en funcionamento de instalacións como o heliporto ou o propio centro de saúde mental.

    Redacción Barbanza