![]()
VILAGARCÍA > O PSOE de Vilagarcía ven de respostar ás declaracións emitidas polo voceiro popular , Tomás Fole sobre a visita xunto cun veciño a Solobeira
Alí tanto o voceiro como a deputada popular Marta Rodríguez presenciaron a presunta nefasta situación na que se atopan as obras nun tramo da estrada deste lugar. A protesta erradicaba pola tardanza no remate das mesmas así como o derroche de cartos públicos .
O PSOE quérelle lembrar ós populares que a problemática de Solobeira xa existía cando gobernaba o PP na Xunta e non fixo nada. Para os socialistas é indignante que sexa agora en campaña electoral cando o PP se preocupe destas obras. Tamén reiteran o seu malestar pola suposta manipulación exercida cara o veciño que supostamente utilizaron para denunciar un problema que comezou hai dous anos e que se manifestan en dous proxectos diferentes, polo tanto a execución tamén será independente segundo afirma o PSOE Vilagarciá.
Os socialistas arousás conclúen o seu comunicado cunha reafirmación que a alcaldesa dirixiu os populares durante o pasado pleno da corporación, na que expresaba o seu benestar polo silencio mantido mentres resolven os problemas dos veciños ó contrario que o Partido Popular que se dedica a provocalos onde non os hai.
Redacción Salnés







