A Basket Cup disputarase en Vilagarcía no 2010

basketcup250_210110.jpgVILAGARCÍA> O Club Baloncesto Vilagarcía remitíu un comunicado no que confirma que a Basket Cup continuará a celebrarse, canda menos este ano na capital arousá. Eso sí, para o 2011 exixen a creación dunha fundación que se encargue da organización do torneo.

A Basket Cup celebrarase este ano en Vilagarcía. Despois de moitas semanas de negociacións, tras ter dado algúns pasos adiante e moitos atrás o Club Baloncesto Vilagarcía decide seguir.

Nunha xuntanza mantida onte pola comisión organizadora na que estiveron presentes dez dos seus once membros analizouse a situación creada. No comunicado que remitiron este mediodía din que continúan polo seu compromiso coa cidade. Eso sí, deixan claro que a partir de agora non seguirán consentido que toda a responsabilidade organizativa do evento recaía sobre eles, poñendo nen perigo o seu patrimonio.

A comisión organizadora di tamén ter aprendido dos seus propios erros e que por iso rectificou na súa idea de levar o torneo a outro concello.

No comunicado reitérase o convencemento de que o torneo é xa un patrimonio non só da cidade, senón tamén da comarca e de toda Galicia. Por iso exixen que o seu futuro se garanta coa creación dunha fundación para 2011 na que tomen parte tódalas institucións implicadas. Advirten que se ó longo deste 2010 non se leva a cabo, non se fan responsables da continuidade do torneo en Vilagarcía.

Por último, no aspecto deportivo afirman que redoblarán esforzos de cara a edición deste ano para poder traer equipos que estean á altura dos de cursos anteriores.

Pódese concluír que a Vilagarcía Basket Cup acepta a oferta que o concello lle fixo o venres pasado no que lle prometía unha dotación económica de 12.000 euros, asumir os gastos derivados do uso das instalacións de Fexdega e poñer a disposición o persoal e instalacións municipais necesarios para o desenvolvemento da actividade.

Redacción Salnés