Vilalonga e Céltiga enfróntanse ós dous primeiros da xeral

futbol250_220110.jpgSALNÉS> Tanto Vilalonga como Céltiga xogan fóra da casa, e farano ante os dous primeiros clasificados, os celestes ante o Depor B e os da Illa no Roxo fronte o Cerceda. Ambos conxuntos suman 44 puntos e copan as dúas primeiras prazas da clasificación.

O Vilalonga busca a súa terceira victoria consecutiva nun dos campos máis complicados da categoría. Os de Gabi Leis xogan ante un Depor B, que comparte liderato co Cerceda e que como é costume conta con xogadores moi xóvenes e de moita calidade. Iso sen embargo non lles servíu de nada na última visita que recibiron dos celestes: hai tres anos, cando acadaron o ascenso a 2ªB, o Vilalonga foi quen de gañarlles na Coruña por 0-4. Para este choque Gabi Leis non perderá a ninguén por sanción pero sí por lesión: Melchor non estará por problemas nun nocello mentres que Tachi é dúbida.

Ó Céltiga váiselle acabando o marxe de erro. O xogo mellorou nas últimas semanas pero non os resultados.Por iso non lle chega o desprazamento Cerceda no mellor momento. O líder posúe un plantel de categoría superior ó que non lle fai falla ser mellor para gañar os partidos. Unha posible victoria dos da Illa pasará pola concentración defensiva e sobre todo pola puntería de cara a gol, ausente nos últimos encontros.

Na Preferente Sur, o Ribadumia desprázase ata Carballiño para enfrontarse ó Arenteiro, segundo na liga e que xa deixou boa conta da súa calidade no partido de ida na Senra, onde venceu por 0-3. Iván é baixa nos aurinegros.

O Sanxenxo, tras vencer no derbi da semana pasada retomou moral e volve a entrar nas quinielas de candidato ó ascenso. Así o demostran as súas nove victorias nos últimos doce partidos. Ante o Caselas parten como favoritos e buscarán a décima.

No mesmo grupo de cabeza viaxan Portonovo e Estradense , que se miden en Baltar. Frente a frente cuarto contra quinto e probablemente os dous mellores planteis do Grupo Sur da Preferente. Os de Rial suman tres triunfos consecutivos e deberían aproveitar o mal momento que está a travesar o seu rival en canto a resultados.

O Arousa nesa mesma loita, non pode ceder máis na Lomba se é que quere engacharse á cabeza. O mesmo persegue o seu rival desta semana, o Rápido Bahía, unha das sensacións desta liga que non porá as cousas sinxelas.

Por último o Cambados recibe en Burgáns ó Porriño, sabedor de que o seu rival se desinflou unas últimas semanas e que pode ser un bo momento para superalo. Os de Carregal queren canda menos non caer nos mesmos erros que lle fixeron perder dous puntos a semana pasada en Caselas.

Redacción Salnés