PONTEVEDRA> A Boa Vila volverá a acoller, esta fin de semana, un gran evento deportivo: o Tríatlon Cidade de Pontevedra. Un campionato no que haberá máis de 500 participantes e no que non faltarán deportistas de alto nivel como Pablo Dapena ou Saleta Castro. A cita é este sábado, no embarcadoiro da Ponte dos Tirantes, a partires dás 14:50 horas.
Tras o éxito do ITU Multisport, Pontevedra volverá a converterse, esta fin de semana, nun referente do tríatlon. O será grazas á celebración da 19ª edición do trofeo Cidade de Pontevedra. Un evento no que participarán máis de medio millar de deportistas. Entre eles, os mellores de España, Pablo Dapena, Saleta Castro, Antón Ruanova ou Andrés Cendán.
O pistoletazo de saída será ás 14:50 horas coa proba “Nada e Corre”. Unha competición para os nenos e nenas de categoría benxamín e alevín. A continuación, comezará a proba popular minisprint cun percorrido de 300m de natación, 10km de ciclismo e 2,5km de carreira a pé. A partires dás 15:45 horas comezará o primeiro tríatlon de distancia sprint, de carácter popular. As competicións profesionais empezarán ás 16:45h. Primeiro co paratríatlon, seguindo coa proba feminina e rematando, ás 19:15h coa masculina. Un campionato que servirá para volver a achegar e facer desfrutar con este deporte aos veciños de Pontevedra.
A Ponte dos Tirantes, a Avenida de Compostela e a Illa das Esculturas serán os tres principais espazos deste campionato. Unha proba máis para volver a situar a Galicia e, sobre todo, a Pontevedra, como un referente na organización de eventos deportivos de alto nivel.