Pontevedra> O Comité Organizador do 2019 ITU World Multisport Thriathlon reuniuse esta mañá no Concello de Pontevedra para comezar coa súa programación. O evento deportivo, que agrupará cinco campionatos mundiais de distintas modalidades de triatlón, contará cun orzamento de 1,3 millóns de euros.
Pontevedra acollerá entre o 27 de abril e o 5 de maio do vindeiro ano os campionatos mundiais de duatlón, duatlón cross, acuatlón, triatlón cross e triatlón media distancia.
Na reunión do comité organizador celebrada esta mañá tratáronse temas de loxística e promoción, de cara a que a competición sexa un éxito a nivel deportivo e sirva tamén para fomentar o turismo na provincia.
Preténdese que o evento, que conta cun orzamento de 1,3 millóns se autofinancie na súa maior medida parte. Entre as accións de promoción deste evento múltiple, están previstas expedicións a Dinamarca, Ibiza e Australia, onde se celebrarán competicións europeas e mundiais das mesmas disciplinas.
O presidente da Federación Galega de Triatlón, Óscar Surís, aproveitou para lembrar que
o vindeiro día 25 de agosto terá lugar o Campionato español de triatlón longa distancia,
que servirá para testar o circuíto do mundial do ano próximo.