Portonovo e Sanxenxo engánchanse á cabeza

futbol250_250110.jpgSALNÉS> Portonovo e Sanxenxo sitúanse, respectivamente, no terceiro e cuarto da xeral na Prefente Sur, a un paso do ascenso. Esta semana tamén venceu o Ribadumia, mentres que na Terceira o Céltiga empatou e o Vilalonga caeu ante o Depor B.

{flowplayer}images/salnes/preferente_250110.flv{/flowplayer} 

Un solitario gol de Turu cando a xente aínda se estaba a acomodar nos seus asentos decidíu onte o choque de Baltar. No minuto 1 o dianteiro portonovés poñía ó seu equipo en vantaxe, resultado que xa non se movería. Gran partido o realizado polos de Rial sobre todo no aspecto táctico. Coas liñas moi xuntas provocaron que os visitantes se atascaran nos tres cuartos de cancha e apenas crearan ocasións claras de gol. De feito as máis claras na segunda metade foron para os branquiazuis, primeiro nas botas de Óscar Guimeráns que case acada un gol olímpico e logo nas de Pablo, que tras unha gran cabalgada non puido ceder en condicións para a chegada de Úbeda. Non lle fixo falta ese segundo tanto porque os puntos quedaron en Baltar. Cuarta victoria consecutiva e outra máis ante un rival directo. Son terceiros na xeral, a un do Porriño e a tres do líder Choco, ó que visitan a semana que ven.

Nesas pocisicións gustaríalle estar a un Arousa que volveu a ceder un empate na casa, desta volta ante o Rápido de Bahía (1-1). Os de Ricardo completaron unha gran primeira metade pero afundíronse na segunda. Os primeiros minutos foron de asedio local, sobre todo grazas á actuación de Álex que desbordou como e cando quixo. Pola súa banda dereita cedeu dúas veces a Fito, pero o dianteiro non pudio concretar nas opcións que tivo. Sí o fixo mediada a primeira parte, cando foi máis listo que o porteiro e o defensa rival para meter a perna e colocar ó seu equipo en vantaxe. A partir de ahí o Arousa non fixo unha boa lectura do partido e deulle facilidades a un Bahía que comezou a crear perigo. O empate concretaríase no minuto 51 cun tanto de Cacho. Ambos conxuntos tiveron as súas opcións para levarse a victoria pero o marcador xa non se movería. Os de Ricardo perderon unha boa oprtunidade para achegarase á cabeza e mantéñense oitavos con 32 puntos, a sete do ascenso.

No resto de partidos da Preferente Sur destacou a victoria do Sanxenxo que deixou xa de ser unha sorpresa para converterse nun aspirante ó ascenso. Os de Calucho continúan a ser a gran revelación da liga e o equipo máis en forma. Onte superaron ó Caselas con autoridade, por 3-0, con dous goles do dianteiro de moda, Cuchi, que leva cinco nos últimos dous encontros. O Sanxenxo é cuarto xa na xeral a dous do ascenso e a catro do líder tras sumar a súa décima victoria nos últimos trece partidos. As vindeiras semanas xogarase boa parte das súas opcións xa que en seis encontros enfróntase a cinco rivais dos de arriba. O próximo domingo precisamente fronte a un Arenteiro que onte caeu na casa ante o Ribadumia por 1-3. Os de Carducho amosaron a súa mellor cara para remontar o partido na segunda parte con tantos de Berto, Jonathan e Julio, polo que continúan en boa xeira cara a permanencia.

Non tivo a mesma sorte o Cambados que caeu ante o Porriño en Burgáns, 1-2, víctima dos seus erros defensivos na primeira metade. Melo acadou o tanto para os de Carregal, que son décimocuartos, cun punto menos que o Ribadumia e nove sobre o descenso.

O CÉLTIGA SUMA UN PUNTO NO ROXO

Na Terceira, o Céltiga sumou un meritorio empate no campo do Roxo onde igualou a dous goles co Cerceda. Os de Pablo Vázquez deixaron moi boas sensacións ante o líder, ó que dominaron durante boa parte do encontro, sobre todo na primeira metade. Pese a iso tiveron que ir sempre contracorrente, e igualar por dúas veces o marcador. Os dous tantos foron obra de Hugo, o último a dous minutos para o remate. Este punto déixalles a dous do descenso pero con ánimos renovados de cara ó vindeiro compromiso no Salvador Otero fronte o Bergantiños.

O Cerceda será precisamente o próximo rival do Vilalonga que o sábado non puido ante o novo líder da Terceira galega, o Depor B. Un gol de Luís Ángel ós dez minutos foi suficiente para que os de Tito Ramallo sumaran os tres puntos. Un resultado xusto polo visto sobre o céspede, que entraba dentro do previsto e que deixa ó Vilalonga onde estaba, no oitavo posto con 30 puntos.

Redacción Salnés