VILAGARCÍA> Esta fin de semana disputouse o XIII Trofeo Almirante Rodríguez Toubes. Organizado pola Escola Naval de Marín e o Real Club de Regatas Galicia, tratábase dunha proba puntuable para a Copa Galicia de Cruceiros. Case 40 barcos tomaron a saída nesta regata.
A Escola Naval de Marín e o Real Club de Regatas Galicia celebraron un ano máis o tradicional Trofeo Almirante Rodríguez Toubes, e xa van trece.
A regata volveu ter o mesmo formato, invariable dende a súa creación. Dous percorridos costeiros de 26 millas náuticas; o sábado Marín-Vilagarciá e o domingo a volta, desfacendo o camiño.
Con todo, na primeira xornada a organización víuse na obriga de acurtar o traxecto debido á falta de vento no interior da Ría de Pontevedra. Nesa primeira tirada o Viajes Atlántico impúxose con solvencia na súa clase, algo que lle servíu tamén para poñerse como líder da clasificación xeral.
O domingo os barcos saíron do porto de Vilagarcía contraas 11:30. Desta volta o vento de 15 nudos fixo posible ver un regata moi rápida e espectacular na que se volveu a impoñer o Viajes Atlántico que sería campión na xeral. A Escola Naval de Marín foi o escenario onde se celebrou entrega de trofeos.
Na clasificación por clases, en Regata venceu o Bosch Comunicación, co Aldán e o Sagar, segundo e terceiro, respectivamnete. En Cruceiros a victoria foi para o Viajes Atlántico, por diante do Terras Gauda e Bouvento, mentres que en Cruceiro-Regata o Albatros levouse o triunfo co Chispa Nejra e o Nakar completando o podium.
Esta edición do Trofeo Almirante Rodríguez Toubes volveu a ser un éxito de participación. Corenta barcos de toda Galicia déronse cita nunha proba que era valedeira para a Copa Galicia de Cruceiros.
Redacción Salnés