RIBEIRA> Chega á súa fin o Programa Integrado de Emprego de AMICOS. Nesta segunda edición, xa son 67 os participantes que accederon a un posto de traballo grazas á formación adquirida en tres ámbitos: comercio, almacén e limpeza.
Doce intensos meses de formación chegaban hoxe á súa fin co acto de clausura do Programa Integrado de Emprego de AMICOS. Nesta segunda edición participaron 123 persoas, non só con discapacidade senón outros colectivos con dificultades para a inserción laboral.
Os participantes puideron facer prácticas en varias empresas da comarca coas que se subscribiron convenios e que se traduciron xa nunha decena de postos de traballo consolidades.
Ademais de promover a igualdade de oportunidades á hora de acceder ó mercado laboral, este programa aborda a formación tamén dende unha perspectiva de xénero favorecendo a conciliación ás mulleres con fillos ou dependentes a cargo.