Stop Desafiuzamentos ve insuficiente o decreto aprobado polo goberno

    valoracionestopdesafiuzamentos100.jpgBARBANZA> O decreto lei aprobado polo goberno permitirá que as familias con menos recursos eviten o desafiuzamento durante dous anos.

    {flowplayer}barbanza/valoracionstopdesafiuzamentos.flv{/flowplayer}

    Moitas das familias do Barbanza ameazadas polo drama do desafiuzamento veranse beneficiadas por esta norma que introduce unha moratoria para os núcleos con ingresos inferiores a mil seiscentos euros mensuais e determinadas circunstancias como ter fillos menores de tres anos, familiares dependentes ou que os titulares da débeda non perciban ningún ingreso.

    Malia que consideran que este decreto dá un paso adiante dende a plataforma seguen apostando pola modificación da lei hipotecaria que permita a dación en pago tal e como aconsella a Unión Europea.

    A este respecto amósanse satisfeitos co clamor social que ten espertado a problemática dos desafiuzamentos que implica cada vez a máis sectores.

    Para acadar a modificación da lei, a plataforma segue a recoller sinaturas que lle permitan presentar unha iniciativa lexislativa popular. Ata o momento, xa se teñen conseguido máis de seiscentas mil en toda España.

    Redacción Barbanza