O ‘Bermeotarrak 4’ seguen á espera de poder atracar no porto

    barcofondeadopobra_100_28012009.jpgPOBRA> A situación da tripulación no barco comeza a ser preocupante pola escaseza de auga potable e víveres.

    {flowplayer}barbanza/barcofondeadopobra1.flv{/flowplayer}

    Despois de dúas semanas fondeados fronte ó peirao pobrés a situación da tripulación, formada por sete mariñeiros españois e 22 africanos, catro dos cales xa abandonaron o barco e están en busca e captura, empeza a ser preocupante. Perdidos á súa sorte, están a espera de que a armadora lles dea unha solución, ó negarselle a súa entrada a porto, debido a que a empresa basca ten pendentes varios embargos con acreedores.

    Escaseza víveres

    Van pasando os días e as posibles solucións non chegan polo que os mariñeiros comezan a estar desesperanzados. Os víveres e a auga potable no barco comezan a escasear e a auga para o aseo persoal xa está esgotada dende hai varios días. A isto hai que sumarselle tamén o forte frío existente.

    Inseguridade

    A tripulación do ‘Bermeotarrak 4’ sente ademais unha gran inseguridade, pois o barco fondeado no medio da ría, no medio das bateas, está a sufri-los continuos vaivéns a causa do forte vento.

    Mentres nas bodegas seguen á espera de ser retiradas as 342 toneladas de atún. Boa parte das posibles solucións ó seu problema pasan por conservar en bo estado toda esa carga.

    Problema sociolaboral

    {flowplayer}barbanza/barcofondeadopobra2.flv{/flowplayer}

    Á par das razóns humanitarias atópase tamén un grave problema sociolaboral para os mariñeiros, ós que a casa armadora lles debe varias mensualidades. Esta mañá achegáronse tamén ata o barco representantes da Federación Internacional de Traballadores, ITF, así como tamén da CIG para interesarse pola situación da tripulación e tratar de mediar unha posible saída.

    Segundo o propio patrón do buque as negociacións que está a levar a casa armadora tanto con Capitanía Marítima como con Portos de Galicia fan albergar unha esperanza.

    Resposta urxente

    Dende os dous sindicatos solicítanlle tamén ás autoridades competentes na materia unha resposta urxente a este problema.

    Redacción Barbanza