BOIRO> A vítima que viaxaba de acompañante nun vehículo sen carné saíuse da vía e colidiu contra unha árbore. O accidente tiña lugar ó redor das dez e vinte desta mañá. Por causas polo de agora descoñecidas, o vehículo para o que non é preciso dispoñer de carné de conducir, saíuse da vía e colidiu contra unha árbore. A consecuencia do golpe, unha muller, Carmen Oliveira Tubío, duns setenta anos, que viaxaba de acompañante falecía. O conductor, de setenta e oito, que ademais era o seu home, foi trasladado ó hospital da Barbanza en estado grave. Ata o lugar do sinistro trasladáronse varios equipos de seguridade, como é o caso de Garda Civil de Tráfico e efectivos do Parque de Bombeiros de Boiro, que procederon á retirada das vítimas ó ser necesario realizar labores de excarceración.
Inicio Barbanza - Muros - Noia









