![]()
BARBANZA> O Centro Empresarial da Construción do Barbanza xa conta de novo cun portal web que oferta novidosos servizos ós seus usuarios.
{flowplayer}barbanza/novawebcecb.flv{/flowplayer}
O restaurante O Lagar da Pobra acolleu a presentación da nova páxina web do Centro Empresarial da Construción do Barbanza. Ó evento asistiron numerosos convidados, entre eles, a directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Helena Veiguela, que unha vez máis quixo apoiar coa súa presenza ás iniciativas promovidas dende a CECB.
A nova web, con dirección intercecb.com, pretende ser unha nova vía de comunicación que ofrece novidosos servizos ós seus usuarios.
Durante a súa intervención, o presidente da patronal tamén quixo agradecer a colaboración das persoas e entidades que veñen colaborando coa entidade como é o caso de Caixa Galicia e o equipo técnico encargado de deseñar o portal web.
Máis regulación
Teira tamén tivo unha chamada de atención para as administracións, reclamando maior regulación no sector con normas de homologación empresarial e un regulamento autonómico da construción, para evitar os excesos cometidos ata o momento que desembocaron na actual crise que atravesa o sector.
Redacción Barbanza










