Un renacido Pabellón ameaza o fortín de Fontecarmoa

extrugasa250_280110.jpgVILAGARCÍA> O Extrugasa volve a xogar en Fontecarmoa onde recibe ó Pabellón de Ourense. Un equipo da zona baixa da táboa pero que reforzouse nas últimas semanas.

{flowplayer}images/salnes/extrugasa_280110.flv{/flowplayer} 

Despois dunha longa xeira de victorias ó Extrugasa non lle quere afectar a derrota sufrida o sábado ante o Pío XII porque as vilagarciáns continúan a liderar o seu grupo da LF2. Caeron en Santiago dando a cara ata o final e tendo que superar numerosos contratempos, especialmente en forma de lesións, que afectaron ó equipo. 

Agora chega a Fontecarmoa un rival moito máis perigoso do que pode parecer pola súa clasficación. O Pabellón de Ourense é cuarto pola cola pero acadou todas as súas victorias no último tercio de competición, quedándose ás portas de dar a badalada ante Pío XII e Ensino. Cambiou de adestrador e reforzouse con xogadoras importantes. Dispón dun xogo interior grande con Elishabet Sherwwod e Ieva Kulite, e unha aleiro americana imprevisivble como Jennifer Harris que foi quen de irse ós 30 de valoración a semana pasada. 

O certo é que o tramo final da competición achégase e trala derrota da semana pasada no Extrugasa saben da importancia de sacar adiante tódolos partidos como local. A clasificación está máis igualada que nunca na parte alta, con cinco equipos separados por unha única victoria. Tito Díaz considera esta loita moi positiva para tódolos conxuntos metidos nela.

Pero o obxectivo segue a ser estar entre os catro primeiros e para iso teñen que gañar o sábado. Para a cita estarán xa todos dispoñibles unha vez que Ylenia e Cristina Sousa están ó 100% e Montse Gilabert vai recuperando o ton físico.

Redacción Salnés