O Xuven xógase a unha carta o seu futuro en Liga EBA

doval250_280110.jpgCAMBADOS> Esta fin de semana remata a primeira fase da Liga EBA. O Xuven de Cambados recibe no Pombal ó Basket Xiria nun partido a todo un nada. O que gañe será quinto e loitará polo ascenso mentres que o que perda xogará pola permanencia na segunda fase da competición. Falamos co técnico dos cambadeses Diego Doval para coñecer como chegan á cita.

{flowplayer}images/salnes/xuven_280110.flv{/flowplayer} 

A comezos de temporada moitos asinarían no Establecimientos Otero chegar ó derradeiro partido con opcións de meterse na fase ascenso. Será un encontro a todo ou nada, o que perda xogará pola permanencia, o que gañe por subir a Leb Prata.Pero o certo é que agora, despois de estar entre os cinco primeiros durante toda a liga, quedarse fóra da loita cos mellores sería unha pequena decepción.

O rival é un conxunto experimentado e deseñado para estar cos de arriba. Chegan nunha dinámica positiva de resultados, despois de tres victorias consecutivas e tras facer varias fichaxes que reforzaron ó plantel. Por iso Diego Doval cre que a presión terana os de Carballo. 

O certo é que o rival presume dun xogo interior moi forte, unha das maiores carencias do Xuven. As opcións dos cambadeses pasarán por tanto por minimizar esa teórica desvantaxe e impoñer un alto ritmo de xogo.

Á cita chegarán todos ó 100% agás a coñecida baixa de Norman Rey que continúa lesionado.

Redacción Salnés