Porto do Son presenta as actividades deportivas do mes de maio

PORTODOSON> Tanto en fútbol coma en duatlón, os nenos serán os protagonistas.

Na súa aposta polo fomento do deporte, o concello de Porto do Son presentou as actividades destacadas para este mes de maio. O fútbol base será un dos pratos fortes, ca celebración da cuarta edición do torneo de fútbol 7, que xa conta con 40 equipos inscritos entre as categorías prebenxamín, benxamín e alevín. Este campionato consolídase ano tras ano, grazas a boa acollida do público e o xogo limpo dos pequenos futbolistas. Desde a directiva do Porto do Son, o club organizador, invitan a gozar desta festa do fútbol e a coñecer máis se cabe o concello sonense. O concelleiro de deportes resaltou o gran traballo que realizan pais e organizadores

Paralelamente fíxose a presentación oficial do campionato galego de duatlón escolar, xa que a vila de Portosin será anfitrioa do evento. O 10 de maio daranse cita os mellores duatletas da comunidade tras clasificarse nas súas respectivas finais provinciais.As categorías participantes irán desde benxamín, nados entre o 2004 e o 2005, ata cadetes nados no 98, aumentando o percorrido a medida que avance a idade. Todas as probas se realizarán nas inmediacións da zona portuaria e o público contará con boa visibilidade para poder seguir a competición. O concello de Porto do Son agradeceu a confianza depositada nesta colaboración.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/06/deportesportodoson0605141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/06/deportesportodoson060514.mp4{/flowplayer}