Mar presenta a remodelación do proxecto do Porto do Xufre

    xufre_100.jpgA ILLA> A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou esta mañá a Illa para presentar sobre o terreo as modificacións que o seu departamento ten…

    {flowplayer}images/salnes/remodelacion_xufre.flv{/flowplayer}

    … previsto do proxecto de remodelación do peirao do Xufre. Estas actuacións fan mester incrementar o orzamento inicial ata os 4 millóns de euros e poderían estar rematadas no 2012. As principais variacións previstas no proxecto de remodelación do Porto do Xufre, na Illa, fan referencia á necesidade de conxugar dentro do mesmo peirao as distintas actividades productivas e recreativas.

    Neste prantexamento, a Xunta pretende ampliar a Punta do Aguiuncho creando un novo dique de abrigo de 215 metros de lonxitude e unha nova explanada ó abrigo mesmo. Un espazo este último que tamén se vería ampliado e no que se vai a executar unha nova rampla para facilitar a descarga do mexillón e dos productos pesqueiros. Así pois, as embarcacións de terceira lista serán a súa vez reubicadas de esta punta Aguiuncho ata unha zona interior, máis abrigada polo novo dique, ó leste do actual porto; zona esta máis próxima ó casco urbano, o que facilitaría a construcción de instalacións específicas para as embarcacións recreativas.Asemade tamén se estudiará polo miúdo a viabilidade de crear novos atraques para as embarcacións de terceira e cuarta lista.

    Estas modificacións obrigarán a ampliar os 2,8 millóns de euros do orzamento da adxudicacións ós 4 millóns de euros. Portos de Galicia prevé que esta primeira actuación estea rematada no 2012; a partir de aí, procederíase a unha reordenación total deste espazo máis ambiciosa que suporía un investimento de preto dos 10 millóns de euros de cara ó 2015.

    Redacción Salnés