VILANOVA> Rebaixar os impostos municipais, aumentar os investimentos nas parroquias e renovar o sistema de saneamento para eliminar as verteduras á ría, estas son as principais propostas do novo partido Renova Vilanova. Liderado por Jose Juán Durán, o irmán do alcalde e antigo membro do partido popular, non quere entrar en debates persoais e defende o modelo, as ideas e á xente do seu partido. Advirte que o obxectivo é darlle a Vilanova un cambio que considera moi necesario.
Nos vindeiros comicios municipais do 28 de maio presentarase ás eleccións en Vilanova un novo partido que busca renovar a política da vila. Precisamente ese obxectivo o leva no seu nome, Renova Vilanova. A formación liderada por Jose Juán Durán quere sacar a Vilanova do que consideran un marasmo.
A formación pretende renovar a Vilanova centrándose en tres eixos fundamentais. O primeiro deles é mellorando a xestión económica.
A segunda proposta é aumentar os investimentos nas parroquias. Para rachar coa diferencia que advirten que hai coa Vilanova centro.
E a terceira gran proposta é a mellora da rede de saneamento para realizar a separación de pluviais e evitar as verteduras á ría de Arousa.
O candidato de Renova Vilanova non quixo entrar en polémicas co partido popular. Dende o goberno local o cualificaron como un traidor á formación e á súa familia. Pide madurez política e que se fale de proxectos.
Renova Vilanova tamén presume dunha lista ampla e variada que representa a todas as idades e parroquias do concello. Advirte que saen a gañar e que non pensan en posibles pactos con outras formacións.